-
espazo subvencionado pola:                           



Que é Emprende Ourense:

Dende a Asociación EMPRENDE OURENSE dámosche a benvenida a esta páxina adicada á Inserción Laboral, e dirixida a todas aquelas persoas en situación de desemprego, interesadas en buscar información laboral, colectivos en situación ou risco de exclusión social, así como a todos os profesionais do eido da orientación.

Aquí poderás atopar información da nosa entidade, dende a súa orixe ata os programas que actualmente xestionamos. Informarémoste dos servizos dos que te podes beneficiar se te atopas en situación de busca activa de emprego ou se pertences aos demáis colectivos destinatarios das nosas actuacións e onde se ubica o noso centro no que recibirás asesoramento.

 


 Banco de tempo:

Os bancos do tempo son grupos de persoas motivadas para intercambiar tempo, adicándoo a tarefas puntuais de atención a persoas: nenos, xente maior, xente doente, entroutras, fomentando a oportunidade de coñecer e confiar nos demais, co obxectivo de resolver as necesidades da vida cotiá.

A única unidade de intercambio e valor é a hora, independentemente do servizo que se ofreza ou se reciba. Neste banco o tempo é a riqueza principal e, polo tanto, a unidade de valor. Todas as habilidades terán o mesmo valor, todo vale o tempo que se tarda en facelo.

Todos temos algo que dar e recibir, obrigatoriedade de intercambio. O BdT non é unha estrutura na que se da sen recibir a cambio, nin na que se recibe sen dar nada.

Non hai cambio directo de servizos, o tempo prestado por un membro seralle retribuído por calquera outro membro. Cámbiase tempo por tempo.

Todas as horas terán o mesmo valor, non hai servizos mais valiosos ca outros, tampouco escalas de valor dos servizos. Os servizos prestados correspóndense con actividades non profesionais que se realizan voluntariamente, o intercambio aséntase na boa vontade, na lóxica das relacións de boa veciñanza.


Obxectivos.

Trátase de fomentar na comunidade os servizos de cooperación entre mulleres e homes, entre individuos e familias, entre persoas de diferentes idades e condición e entre persoas do país de recén chegados, para intercambiar tempo e habilidades.

Apoiar á familia e a conciliación entre a vida profesional e a vida familiar a través da oferta de solucións précticas de organización da vida cotiá.

Construir unha cultura de solidariedade e promover o senso de comunidade, o encontro de persoas que conviven nos mesmos espazos, a colaboración entre xeracións e a construcción de relacións sociais mais humanas.

Valorizar o tempo e o cuidado dos outros, estimular os talentos e promover o recoñecemento das capacidades de cada un.

Promover a cooperación entre varias entidades públicas e privadas.

Os intercambios de boa veciñanza xa se viñan dando, pero trátase de facelo dunha maneira mais organizada e accesible. Queremos crear unha referencia, un lugar de encontro para a oferta e a demanda de tempo e tarefas.

Unha hora empregada en axudar a alguén producirá unha hora de crédito.

Qué se pode intercambiar.

O BdT EMPRENDE OURENSE rexistra o que a xente fai e ofrece vías para gastar tempo e obtelo a cambio. Unha vez que a xente forma parte do BdT desenvolve a creatividade pensando todas as maneiras en que pode utilizalo. Os bancos do tempo estánse a popularizar e actualmente funcionan en mais de vinte países para cubrir necesidades a afrontar problemas sociais, como os que agora desagregamos:

Atencións ás persoas: acompañar a nen@ ao colexio ou a diferentes actividades, ler contos ou xogar, coidar a persoas maiores e/ou enfermas, acompañar a persoas maiores ao médico, ler libros a persoas maiores, realizar xestións na rúa, contribuir ao asentamento de inmigrantes, transporte, axuda transversal a xóvenes con problemas.

Coidado do corpo e da saúde: dar masaxes, reflexoloxía, relajación, automaquillaxe, coidado do cabelo, cambio de imaxe, saúde mental, tratamento de adicións.

Tarefas domésticas: facer a compra, cociñar, coser, facer pequenas tarefas e reparacións domésticas, bricolaxe, coidar animais e prantas.

Informática: pasar traballos a ordenador, asesoramento informático.

Idiomas: clases, traducións, conversa.

Formación: apoio para realizar tarefas escolares, música, pintura, debuxo, decoración, titorías e mentoning.

Asesoramento e orientación: seguros, finanzas, abogad@s, psicólog@s.

Outras: protección do medio ambiente, preparación para o emprego, cambios nas políticas públicas, oportunidade de contribución para os discapacitados.

© Copyright 2009 Emprende Ourense  I  deseño: Marcial José Méndez Álvarez